
Por que traducir unha web non garante a súa visibilidade noutros idiomas
Cando unha empresa decide traducir a súa web, adoita crer que ese contido comezará a funcionar do mesmo xeito noutras linguas. A fin de contas, a mensaxe é a mesma, o produto é o mesmo e a información segue estando aí. Non obstante, na práctica, isto non sempre ocorre. É moi habitual atopar sitios web aparentemente ben traducidos que non xeran tráfico, non aparecen nos buscadores ou non conectan co público ao que se dirixen. Isto non se debe a un problema lingüístico, senón a como se plantexou o contido desde o inicio. Traducir unha web permite que o contido se entenda, pero iso non quere dicir necesariamente que os usuarios o atopen. Traducir unha web non é o mesmo que posicionala Unha tradución pode ser fiel, clara e correcta desde o punto de vista lingüístico. Porén, o contido non ten por que aparecer nos buscadores cando alguén fai unha busca. A diferenza está en como se accede ao contido. Un usuario non chega a un sitio web porque estea ben escrito, senón porque responde a unha busca concreta, que non sempre cadra ben cunha tradución literal do contido orixinal. Por iso, unha web pode estar perfectamente traducida e, aínda así, non ter visibilidade noutro idioma. En moitos casos, a diferenza está en decisións previas que condicionan o comportamento do contido cando está publicado. Que ocorre cando se traduce unha web sen ter en conta o SEO Cando unha web se traduce sen ter en conta como buscan as persoas




