Servizos de tradución inmobiliaria

Achegue a súa axencia inmobiliaria ao mercado galego, eliminando barreiras comunicativas con posibles investidores e clientes, cos meus servizos de tradución inmobiliaria

SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR INMOBILARIO

Que tipos de documentos inmobiliarios pode traducir?

Entre os tipos de tradución relacionada co sector inmobiliario, podemos destacar os seguintes:

 

Traducións técnicas

Descricións de proxectos, memorias de calidades, ou informes de construcións de obra nova. Os meus servizos garanten que todos os detalles técnicos sexan trasladados coa máxima precisión e coherencia ao idioma de destino, mantendo a integridade e exactitude da información para que os seus proxectos se comprendan sen malentendidos.

Traducción de anuncios para Google Ads, para webs inmobiliarias ou revistas e catálogos especializados

Adapto a mensaxe para que non só sexa comprensible noutro idioma, senón que tamén resoe coa cultura e expectativas do mercado ao que se dirixe, maximizando o impacto e a efectividade das súas campañas publicitarias.

Tradución de infoprodutos

Infografías, newsletters, libros en formato dixital, PDF e presentacións en PowerPoint con información sobre o sector, tanto para clientes como para investidores.

Tradución de entradas de blog e artigos de prensa

Artigos informativos sobre a súa empresa, o sector e outras cuestións de actualidade. Coas miñas traducións, os seus contidos gañan en relevancia e alcance, permitíndolle posicionarse como un referente no seu sector a nivel internacional e chegar eficazmente aos seus lectores en diferentes idiomas.

Tradución de subtítulos

Subtitulación de vídeos corporativos para redes sociais, YouTube, congresos e feiras inmobiliarias. Garanto que os seus vídeos manteñan a súa mensaxe e ton, facilitando a comprensión do contido audiovisual a audiencias globais, o que potencia a súa marca e amplía o seu alcance en mercados internacionais.

Por que debería contratar servizos de tradución inmobiliaria?

Tanto as axencias inmobiliarias como as empresas construtoras e promotoras a miúdo necesitan establecer relacións comerciais con clientes, colaboradores ou investidores doutros países. Polo tanto, os anuncios de propiedades, parcelas ou promocións de obra nova que comercializan deben estar dispoñibles en varios idiomas e en portais inmobiliarios de distintos países; un servizo de tradución inmobiliario pode resultar moi útil.

O feito de contar cun servizo lingüístico de calidade é clave para proxectar unha imaxe positiva da marca e destacar fronte á competencia. Tanto se precisas traducir un folleto para unha campaña de distribución de publicidade en caixas de correo como unha presentación en PowerPoint para investidores estranxeiros, contar cun tradutor profesional sempre é a mellor opción.

Cales son as características específicas da tradución inmobiliaria?

Á hora de traducir, débese ter en conta cal é a función do texto de partida: é un texto informativo onde se describen con detalle as condicións de arrendamento ou as prestacións dunha vivenda? No caso de que sexa un texto publicitario, o estilo de tradución pode ser máis libre e hai que ser quen de poñerse na pel do cliente e preguntarse que información podería interesarlle máis: trátase dunha vivenda nunha promoción de obra nova? É un ático de luxo con vistas espectaculares ao mar? É un apartamento rehabilitado situado nun edificio singular? Todas estas cuestións son importantes, xa que cando un cliente quere investir no mercado inmobiliario, necesita ter información o máis detallada posible, igual que ocorre coa adquisición doutros produtos.

Ademais, o tipo de audiencia e segmento de mercado ao que se dirixa o contido inflúe no enfoque do proceso de tradución. Non é o mesmo traducir para clientes de alto standing que buscan unha propiedade exclusiva cunha serie de prestacións específicas (dobre ventá, sistema de domótica, calefacción por chan radiante) que para clientes cun poder adquisitivo que buscan unha vivenda máis económica. As estratexias de redacción e tradución poderán ser diferentes respecto ao nivel de detalle das explicacións, o vocabulario etc.

Para comunicar correctamente a mensaxe da súa marca e transmitir unha imaxe profesional, necesitará a axuda dun profesional da tradución que coñeza o vocabulario específico do sector inmobiliario e aplique técnicas do copywriting. A redacción e a súa correspondente tradución terán que ser o suficientemente persuasivas para convencer ao cliente de que a súa axencia inmobiliaria é a que máis lle convén.

Por poñer un exemplo, os clientes que ven o seu anuncio non só necesitan saber os datos básicos da propiedade e os datos de contacto, senón que esperan atopar información útil na descrición. Non abonda con dicir «piso na 2° planta con dous cuartos e un baño»; cómpre mencionar cal é a orientación, a conexión por estrada e en transporte público, que vistas ten, como está distribuído o espazo, e outras cousas.

Podemos concluír que, para transmitir unha imaxe de confianza e profesionalidade, é indispensable mostrar textos de calidade, xa sexa na lista de propiedades da súa web ou nos artigos que publica periodicamente no blog. Ademais, achegar contido de valor que sexa orixinal, práctico e que estea correctamente estruturado serve para que os usuarios se paren un pouco a ler. Canto máis tempo pasen na súa web, máis posibilidades hai de mellorarposicionamento SEO en buscadores. Consulte a sección sobre servizos de tradución SEO para obter máis información.