Servizo de tradución de música

O meu servizo de tradución de música vai máis alá de trasladar letras dun idioma a outro; require adaptar ritmo, estrutura e emoción con precisión.

SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN DE MÚSICA

Tradución musical

A tradución musical é unha especialidade que require competencias lingüísticas, sensibilidade artística e formación tanto teórica como práctica. Xa se trate de letras de cancións, partituras, titoriais en vídeo, libros de linguaxe musical, libretos, infografías ou notas de álbum, adaptar contido musical a outra lingua require atención aos matices, comprensión do contexto musical e capacidade interpretativa.

En De La Torre Traducciones, ofrezo un servizo de tradución musical especializado do inglés e francés ao galego e ao español. A miña formación en tradución compleméntase con anos de estudo da linguaxe musical e interpretación instrumental (clases de piano e guitarra) nunha academia de música, o que me permite abordar a temática con outros ollos.

En que consiste o servizo de tradución de música?

A tradución de música non é unha tarefa mecánica. Cómpre analizar o tipo de contido, o seu obxectivo e para que se vai empregar. Traducir a letra dunha canción non é o mesmo que traducir un libro técnico especializado. Tampouco se aplican os mesmos criterios ao traducir un manual de linguaxe musical dirixido a nenos que ao traducir un destinado a un público adulto.

Traducir música mantendo o ritmo e a sensibilidade

O contido musical ten a súa estrutura, métrica, terminoloxía e contexto. É importante comprender cada tipo de contido para saber transmitilo.

Polo tanto, unha boa tradución musical non é unha tradución literal. A adaptación permite que o contido sexa funcional e teña sentido no novo idioma, xa sexa para a interpretación vocal, escénica ou con fins didácticos

Que inclúe o servizo de tradución de música?

O servizo de tradución de música adáptase a diferentes formatos:

  • Tradución de libros sobre música: textos pedagóxicos, teóricos ou divulgativos sobre linguaxe musical, historia da música, análise de obras, métodos de aprendizaxe ou traballos académicos.
  • Tradución de aplicacións móbiles para aprender música: contido sobre leccións musicais, consellos e información sobre instrumentos, adaptado a distintos niveis (de principiante a avanzado).
  • Tradución de aplicacións para escoitar música en liña: localización de contido de interface de usuario, biografías de grupos, descricións de álbums e listas de reprodución, etc.
  • Tradución de sitios web de venda de instrumentos musicais: descrición de instrumentos, páxinas de servizos de transporte ou reparación, landing pages de márketing e artigos de blog sobre música.
  • Tradución de partituras: vocabulario técnico sobre tonalidade, escalas e anotacións específicas para a interpretación vocal ou instrumental. Na música clásica adóitanse empregar termos en italiano como adagio, vivace, arpeggio, piano, mezzo forte, crescendo.
  • Tradución de letras de cancións: adaptacións cantables para gravacións, actuacións en directo ou difusión en medios, coidando a métrica, a rima e a naturalidade.
  • Tradución de musicais e obras escénicas: cancións, diálogos, indicacións escénicas e textos complementarios adaptados para a súa representación en galego.

Para quen é este servizo?

O servizo de tradución de música está pensado para:

  • Artistas e compositores que publican obras en varios idiomas.
  • Compañías de teatro musical que adaptan guións e letras para novos públicos.
  • Editoriais, conservatorios e academias que traballan con contido especializado e terminoloxía musical precisa.
  • Fabricantes e vendedores de instrumentos musicais, así como empresas que ofrecen servizos de transporte musical nacional ou internacional.
  • Empresas que desenvolven aplicacións móbiles para aprender música ou tocar instrumentos como o piano ou a guitarra.
  • Empresas que desenvolven aplicacións e software para escoitar música en liña e queiran chegar a novas audiencias en galego e castelán.

Por que contratar unha tradutora especializada en música?

Traducir contido musical require ter aptitudes musicais e coñecemento experto. Ademais de coñecer o idioma, é preciso comprender a linguaxe musical e o vocabulario especializado da música.

En De La Torre Traducciones, combino a experiencia profesional na tradución coa miña formación musical. Desde os 7 ata os 18 anos fun a clases de linguaxe musical, piano e guitarra nunha escola de música, o cal me permite abordar cada proxecto coa sensibilidade musical necesaria.

Solicite o seu orzamento personalizado

En De La Torre Traducciones, trato cada encargo con profesionalidade e unha especial paixón pola música. Teño en conta para que e para quen traduzo, sexa un público experto ou non.

Ofrezo traducións musicais do inglés e francés ao galego e español, as miñas linguas maternas.

preguntas frecuentes servizo de tradución de música

Preguntas frecuentes

Traduzo aplicacións móbiles para aprender música, aplicacións para escoitar música en liña, clases de música en vídeo, documentais de música, letras de cancións, partituras con anotacións, libretos, notas de autor para álbums, musicais e textos especializados como libros de linguaxe musical, historia da música, traballos académicos ou libros sobre metodoloxía de ensino.

Traduzo do inglés e francés ao galego e español. Traduzo unicamente cara as miñas linguas maternas, que son o galego e o español.

Si. Cando o texto está pensado para ser cantado ou representado, adapto a métrica, a rima e o ritmo para que encaixe coa música e o escenario.

Si. Traduzo expresións musicais, instrucións para interpretar e outro contido técnico presente en partituras ou materiais didácticos.

Si. Ademais de textos e documentos, subtitulo clases de música en formato vídeo, documentais, musicais, entrevistas e reportaxes sobre música.

O prezo varía segundo o tipo de contido, a súa extensión, complexidade e grao de adaptación necesario. Ofrezo orzamentos personalizados dependendo das características específicas do proxecto.