Se desexa traducir os seus contidos para usuarios e clientes de Galicia, contrate os servizos dunha tradutora bilingüe de galego e castelán.
SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN AO GALEGO
Se a súa empresa vende por Internet, pode traducir as fichas de produto tanto para o seu sitio web de comercio electrónico como para catálogos en liña. Co avance imparable do comercio dixital e co aumento do nivel de esixencia dos clientes, pode ser moi beneficioso para a súa empresa ofrecerlles información na súa lingua materna; inspirará máis confianza á hora de comprar un produto ou solicitar un servizo. É recomendable fuxir das traducións automáticas, xa que non transmiten de forma clara toda a información que necesitan os seus clientes. Para conectar ben con eles, o mellor é apostar por un servizo de tradución de márketing profesional.
A tradución de aplicacións móbiles é un servizo que responde á demanda crecente deste tipo de traducións por parte das empresas tecnolóxicas. O uso dos dispositivos móbiles para conectarse a Internet experimentou un crecemento exponencial na última década e os usuarios cada vez se conectan máis a Internet a través dos teléfonos intelixentes. No caso de España, o sistema operativo Android é de uso maioritario, xa que a súa cota de mercado representa máis dun 85 %.
Se quere captar novos clientes no mercado galego, traducir a interface de usuario e os contidos de axuda da súa aplicación móbil pode ser unha excelente idea. Ademais da fase de tradución, o proceso de testing é imprescindible para asegurar que a aplicación estea lista para comercializarse (hai que comprobar que non contén erros lingüísticos, nin de funcionamento nin de visualización). Bote unha ollada á sección sobre a tradución de aplicacións móbiles desta web para obter máis información.
Pode traducir distintos contidos como guías de viaxe, o sitio web da empresa, folletos turísticos ou anuncios publicitarios (en soporte escrito ou de vídeo). Se necesita subtitular un vídeo corporativo da súa marca, consulte a sección sobre servizos de subtitulación.
Precisa traducir os anuncios de propiedades en venda ou en aluguer para publicalos na páxina web da súa axencia ou en portais inmobiliarios? Senón, tamén pode preparar un catálogo bilingüe de propiedades inmobiliarias. Consulte a sección sobre servizos de tradución inmobiliaria.
Tendo en conta que hai que ser quen de destacar no mundo dixital e que este é altamente competitivo, a mellor forma de facelo é traducindo as publicacións para redes como LinkedIn, Facebook ou Instagram e preparar campañas de anuncios con segmentación xeográfica. Ademais, publicar contido de calidade forma habitual é unha das mellores formas de captar o interese dos usuarios e de conectar con eles. Poden converterse en futuros clientes.
Tradicionalmente, a economía galega sempre estivo moi ligada á agricultura, gandería e á pesca. Porén, o sector naval, a industria automobilística, a téxtil, a manipulación do granito e a produción vitivinícola tamén son sectores estratéxicos para a comunidade galega.
Por citar algúns exemplos, a marca de roupa Zara, moi famosa en todo o mundo, foi fundada en Galicia a mediados dos anos setenta. Tamén podemos destacar a empresa fabricante de cervexa Estrela Galicia e algunhas denominacións de orixe importantes, como Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Ribeiro.
Grazas á súa posición estratéxica e ás súas espectaculares paisaxes, Galicia é un destino perfecto para o turismo rural e o enoturismo. Santiago de Compostela é o destino dos numerosos peregrinos que percorren anualmente o famoso Camiño de Santiago.
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
info@delatorretraducciones.com
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
@: info@delatorretraducciones.com