Impulse o tráfico da súa páxina web co meu servizo de tradución SEO. Garanto que os seus textos estean perfectamente optimizados para mellorar o posicionamento nos buscadores e atraer máis visitantes.
SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN SEO PARA PÁXINAS WEB
SEO (en inglés Search Engine Optimization) significa «optimización para motores de busca» e é o proceso que permite mellorar o posicionamento natural dunha páxina web nos resultados de busca. Desta forma, a web consegue máis visibilidade e atrae máis tráfico de usuarios. Ademais, convén salientar que o SEO se refire a os resultados de busca orgánica, é dicir, aqueles que son gratuítos. Se unha páxina web ten un contido traballado, cunha estrutura correcta e unhas palabras clave adecuadas, ten máis posibilidades de posicionarse ben nos motores de busca. Mentres tanto, hai que ter en conta que é unha estratexia a medio e longo prazo e os resultados non se obteñen de forma inmediata.
Doutra banda, SEA (en inglés Search Engine Advertising) significa «publicidade en motores de busca» e é unha acción de márketing que permite publicar anuncios de pago que aparecen nos primeiros resultados de Google en pouco tempo, xusto encima ou á dereita dos resultados orgánicos. Esta opción ten a desvantaxe de que cando unha empresa deixa de pagar polo servizo de SEA, a súa web deixa de aparecer nos primeiros resultados se o contido non está optimizado para SEO.
Por tanto, poderiamos dicir que o SEO é unha estratexia de contidos e un investimento a longo prazo, mentres que o SEA é un gasto publicitario normalmente acoutado a un período de tempo determinado e cun obxectivo máis a curto prazo (campañas de Nadal, ofertas para o Black Friday etc). As dúas opcións son recomendables e complementarias, en función das necesidades da empresa en cada momento.
Para obter máis información sobre o servizo de tradución de anuncios de Google, consulte a sección tradución de campañas de Google Ads.
Un servizo de tradución normal consiste en redactar textos fieis ao texto orixinal tendo en conta o sentido da mensaxe pero expresándoo no outro idioma coa maior naturalidade posible. Sempre se ten en mente o usuario que vai ler ese contido.
O servizo de tradución SEO vai un paso máis aló, xa que non só se dirixe ao usuario, senón tamén ao motor de busca que vai examinar o contido para decidir se é relevante ou non, en función do comportamento dos usuarios. O SEO non só consiste en encher as páxinas web de palabras clave de forma artificial, senón que o contido debe ser útil e relevante.
Ao non ter experiencia en SEO e seguir normas xerais que se aplicarían a outros encargos, moitos tradutores adoitan pegarse moito ao texto orixinal por medo a alterar a mensaxe. Porén, un tradutor SEO precisamente o que debe facer é utilizar sinónimos e variacións para referirse ás palabras clave doutra maneira, adaptar xiros lingüísticos ou mesmo suprimir aspectos do texto orixinal que non sexan relevantes para o usuario do país de destino. Para isto, é importante facer un estudo previo de palabras clave no idioma ao que imos traducir o texto.
Os aspectos que se mencionan a continuación non dependen do tradutor, senón do deseño dunha páxina web, pero é importante ter en conta que ao contratar un servizo de tradución SEO, a condición previa que se debe cumprir é que a páxina web orixinal xa estea optimizada para buscadores como Google. Estes son algúns aspectos que cómpre ter en conta:
É posible que, de non cumprirse algún dos puntos que se mencionan, haxa que facer algúns cambios no texto de orixe antes de comezar o proceso de tradución, para mellorar ou revisar o SEO. Desta forma, séntanse as bases para que tanto o sitio web orixinal como o sitio traducido sexan máis adecuados para o posicionamento en buscadores.
Un servizo de tradución SEO profesional axuda a posicionar a súa web noutros idiomas mantendo a intención da mensaxe orixinal, pero adaptándoa ao mercado local.
Unha tradución convencional non ten en conta aspectos clave do posicionamento web. Pola contra, o servizo de tradución SEO adapta o contido tanto desde o punto de vista lingüístico como cultural, e optimízao para atraer tráfico orgánico, é dicir, visitas que chegan de forma natural e non a través de anuncios de pago.
Realízase unha investigación de palabras clave no idioma de destino, tendo en conta a intención de busca e a competencia no mercado local. Non se traducen de forma literal, senón que se adaptan estratexicamente.
Blogs, fichas de produto, páxinas de servizos, landing pages e calquera outro contido web.
Si. Reviso traducións previas e optimízoas para mellorar o seu posicionamento, reestruturando e reescribindo cando é necesario. Fago unha análise previa para comprobar se a versión orixinal da web cumpre cos requisitos básicos do SEO e, polo tanto, é posible crear una tradución optimizada. Se non é así, recomendo facer melloras estruturais na web orixinal antes de facer unha tradución SEO.
Ofrezo servizos de tradución SEO do inglés e do francés ao galego e ao español, así como entre galego e español.
Colaborar cunha axencia pode ser máis impersoal e custoso. Como tradutora especializada en SEO, ofrezo un trato próximo, atención ao detalle e compromiso directo co seu proxecto.
Unha boa tradución SEO non consiste só en cambiar de idioma, senón en adaptar as referencias culturais, o rexistro e as expresións para conectar co público local.
Aplico unha tarifa por hora ou un orzamento pechado, segundo as características do proxecto. Contacte comigo para recibir unha proposta personalizada.
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
@: info@delatorretraducciones.com
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
info@delatorretraducciones.com