- Inglés a español
- Inglés a galego
- Francés a español
- Francés a galego
- Galego a español
- Español a galego
Amplíe a súa rede de clientes con servizos de tradución adaptados ás necesidades da súa empresa.
Sitúe o seu sitio web nos primeiros resultados de busca de Google grazas á tradución SEO.
Quere transmitir as ideas do seu texto publicitario ou turístico cunha tradución precisa, creativa e que non pareza unha tradución automática?
Gustaríalle traducir os contidos da súa web tendo en conta as palabras chave para mellorar o posicionamento SEO en Google?
Precisa traducir os textos e os vídeos dos seus anuncios inmobiliarios?
Vai asistir proximamente a un evento do seu sector e necesita subtitular un vídeo corporativo?
1. Envío de documentos para traducir, preferiblemente en formatos editables como Word, Excel ou PowerPoint.
2. Elaboración do orzamento e confirmación por parte do cliente.
3. Tradución e consulta de dúbidas co cliente (*posibilidade de revisión por outra persoa para garantir a máxima calidade).
4. Entrega do encargo e envío da factura.
Para solicitar un orzamento ou facer unha consulta, vaia ao formulario de contacto.
Referencias de clientes
Para contratar os meus servizos de tradución, envíeme o seu documento a través do formulario de contacto. Respondereille cun orzamento e un prazo estimado de entrega.
Pode poñerse en contacto comigo a través do formulario da web ou enviando un correo electrónico a info@delatorretraducciones.com.
O meu horario de traballo é de luns a venres, de 9:30 a 17:30 (horario peninsular de España).
Se o prefire, tamén pode programar unha consulta comigo aquí: Calendly
O tempo de entrega depende do número de palabras e da complexidade do documento. Dependendo da urxencia, o orzamento varía.
O prezo das traducións adoita calcularse cun prezo por palabra, pero tamén existen tarifas por hora ou por proxecto. Para recibir un orzamento personalizado, contacte comigo.
Presto servizos de tradución do inglés e do francés ao castelán e ao galego, así como entre castelán e galego en ambos sentidos. O ideal sempre é traducir dunha lingua estranxeira á lingua materna.
Os tradutores profesionais garantimos precisión, coñecemento especializado, comprensión total do contexto e fluidez lingüística, co que evitamos erros que poidan alterar o significado da mensaxe. As ferramentas automáticas non captan os matices lingüísticos nin tampouco se adaptan ben ao contexto cultural. Tampouco abordan de forma correcta a terminoloxía especializada do sector.
Son tradutora profesional titulada en Tradución e Interpretación e falante nativa de galego e español. Conto con varios anos de experiencia e aplico un proceso de revisión rigoroso para entregar traducións de calidade adaptadas ás súas necesidades.
Si, comprométome a manter a máxima confidencialidade dos documentos e aplico protocolos de seguridade para protexer a información. Se o require, podo asinar un acordo de confidencialidade (NDA).
Traballei con textos de marketing, SEO, turismo, música, inmobiliario, contidos audiovisuais, ensino en liña, comercio electrónico e localización de páxinas web e aplicacións móbiles.
As traducións entréganse en formato dixital por correo electrónico.
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
@: info@delatorretraducciones.com
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
info@delatorretraducciones.com