Servizo de subtitulación

Contrate o meu servizo de subtitulación para os seus vídeos e consiga máis visualizacións, ampliando o seu alcance e chegando a máis persoas.

SERVIZOS > SERVIZO DE SUBTITULACIÓN

Por que debería contratar servizos de subtitulación?

A subtitulación de vídeos pode contribuír a aumentar o número de visualizacións en redes sociais e outras plataformas, ademais de que permite chegar a un público máis amplo. O vídeo é un dos soportes que máis interaccións xera en Internet e ten unha capacidade de persuasión superior a outras ferramentas. Ademais, o consumo de información neste soporte resulta moito máis cómodo para os usuarios.

Unha das aplicacións prácticas da subtitulación máis interesantes para as empresas con presenza en Internet é crear subtítulos para anuncios de campañas publicitarias en liña, xa sexan para YouTube ou outras redes sociais como Facebook ou Twitter.

Moitos usuarios adoitan navegar pola rede cos seus dispositivos móbiles ou tabletas e agradecen poder dispor da transcrición dun vídeo, por cuestións de problemas de audición ou por comodidade, xa que non sempre poden reproducir o son. Tanto a transcrición como a tradución de subtítulos serven de apoio para cumprir os seus obxectivos. O seu próximo cliente podería ser alguén que viaxa diariamente en metro e recibe impresións de anuncios en redes. Imaxine poder chegar a ese usuario só cos subtítulos e a imaxe?

Ademais, o contido de Internet que combina texto con vídeo e imaxe ten un mellor posicionamento SEO: serve para reter a atención dos usuarios durante máis tempo e para convidalos a compartir o contido de forma que teña máis repercusión. Se lle interesa saber máis ao respecto, consulte a sección sobre servizos de tradución SEO.

Que tipo de servizos de tradución de subtítulos pode contratar?

Subtitulación de vídeos corporativos para as redes sociais

Se a súa empresa necesita lanzar un vídeo para promocionar a súa marca para un evento ou feira profesional ou unha campaña publicitaria sobre novos produtos dispoñibles para os consumidores, non dubide en contratar este servizo.

Subtitulación de vídeos para a súa canle de YouTube

Neles pode difundir vídeos de presentación da súa empresa, así como reportaxes, entrevistas ou vídeos de consultoría.

Subtitulación de titoriais e cursos en liña

Se traballa no sector da formación impartida a distancia, pode engadir subtítulos ás clases, conferencias ou titoriais de todo tipo para atraer novos alumnos á súa plataforma de ensino.

Subtitulación de documentais de distintas temáticas

Viaxes, arte, historia, música, natureza, psicoloxía, relacións internacionais ou reportaxes sobre a actualidade.

Servizo de sincronización de subtítulos

Se xa dispón dunha transcrición ou ficheiro cos subtítulos orixinais e os códigos de tempo, o proceso de subtitulación será máis rápido e sinxelo. Non dubide en indicar se é así á hora de pedir orzamento.

No caso de que necesite crear un ficheiro de subtítulos, non se preocupe, xa que a creación e a sincronización dos subtítulos co vídeo é un servizo adicional que tamén pode contratar.

Aspectos importantes á hora de traducir subtítulos

Hai unha serie de cuestións que se deben ter en conta á hora de abordar este tipo de encargos. Enuméranse a continuación:

  • Concisión: os subtítulos teñen que dicir o que di o vídeo, pero é importante respectar o espazo e o tempo dispoñible, o cal significa que non se poden engadir subtítulos de máis de dúas liñas nin demasiado longos que o usuario non vai ter tempo de ler.
  • Facilitar a lectura: as expresións ou frases difíciles de ler en pantalla non son as máis adecuadas neste tipo de encargos; si o poden ser as frases feitas, palabras ou expresións idiomáticas.
  • Diferenzas de extensión entre idiomas: cando se traduce do inglés ao galego, sempre hai que contar con que o inglés adoita apostar pola economía lingüística; é dicir, sempre procura dicir máis con menos. É probable que teñamos que quitar elementos superfluos da frase para que caiba, xa que no idioma de destino as palabras son máis longas. Así, ao traducir a frase «Please, drive me home», no canto de facelo literalmente («Por favor, lévame a casa»), abonda con dicir «Lévame a casa».
  • Límite de caracteres: as estruturas sintácticas quilométricas que invaden toda a pantalla non son a mellor opción cando subtitulamos un vídeo. Tamén hai que ter en conta se se trata dun vídeo en formato horizontal ou vertical.
  • Adaptarse á audiencia: a velocidade de lectura do ollo humano varía moito en función do afeito que estea a ler subtítulos, pero tamén da idade da persoa (os nenos len máis amodiño que os adultos). Doutra banda, os subtítulos serven para facer que o contido sexa accesible para persoas con discapacidade auditiva.
  • Sincronización dos subtítulos co son e a imaxe: é importante que o subtítulo se mostre cando a persoa comeza a falar pero que non fique demasiado tempo na pantalla.
Servizo de subtitulación

Preguntas frecuentes

Un servizo de subtitulación profesional consiste en traducir con precisión o contido audiovisual, tendo en conta a sincronización co vídeo e o audio, así como a velocidade de lectura (caracteres por segundo, ou CPS). Entrégase o ficheiro final en formatos estándar de subtitulación, como SRT ou VTT.

A subtitulación permite manter as voces orixinais do vídeo, polo que o texto traducido actúa como apoio. É unha opción ideal cando se quere preservar o ton, a intención e a personalidade do contido sen modificar o audio.

Pola contra, a dobraxe implica substituír o son orixinal pola voz dun locutor ou actor no idioma de destino. Son servizos diferentes e a elección dependerá dos obxectivos do proxecto.

O servizo de subtitulación ofrécese desde inglés e francés ao galego e ao castelán.

Si. A tradución dos subtítulos faise a partir dun ficheiro xa existente en inglés ou francés. Nese caso, trabállase sobre un ficheiro modelo cos textos e os códigos de tempo xa creados, o que permite optimizar prazos e recursos.

Son os valores que indican cando deben aparecer e desaparecer os subtítulos na pantalla. É fundamental que estean sincronizados co audio do vídeo para que o espectador non se perda.

Si. Adáptanse os subtítulos ao formato e requisitos técnicos de plataformas como YouTube, Instagram, TikTok ou LinkedIn, garantindo unha correcta visualización e boa lectura en pantalla.

Depende da duración e complexidade do vídeo. O número de subtítulos por minuto, a densidade do diálogo ou a necesidade de transcribir e crear os códigos de tempo na lingua de destino inflúen nos prazos.

Subtitular un vídeo mellora o seu alcance en redes sociais, favorece o posicionamento nos buscadores e facilita o acceso a audiencias internacionais e a persoas con dificultades auditivas.

Un servizo de subtitulación profesional garante calidade lingüística, boa sincronización co audio e o cumprimento de normas básicas de estilo. Os subtítulos son máis naturais, comprensibles e lexibles. Pola contra, as transcricións automáticas adoitan ter erros de transcrición, puntuación e sintaxe, o cal dificulta a lectura.

O prezo depende da duración do vídeo, dos idiomas implicados e de se cómpre facer unha transcrición previa e crear os códigos de tempo. Adoito aplicar unha tarifa por minuto de vídeo. Ofrezo orzamentos personalizados sen compromiso. En función da urxencia, o orzamento tamén pode variar.