Aposte por traducir os seus contidos web, materiais de márketing e outros textos comerciais co meu servizo de tradución de márketing e publicidade
SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR DO MÁRKETING E A PUBLICIDADE
Tradución de PowerPoint para axencias de márketing
Tradución de anuncios de Google Ads
Tradución de contidos web de e-commerce.
Tradución de descricións de fichas de produto para marketplaces
Tradución de entradas de blog e publicacións en redes sociais
Tradución de PDF de presentación de servizos
Tradución de folletos e newsletters comerciais
Nun mundo cada vez máis globalizado, as empresas necesitan innovar, producir e publicar contados orixinais que chamen a atención de novos clientes. A internacionalización e a presenza destacada en novos mercados é unha vantaxe competitiva. Por este motivo, a aposta por ofrecer contidos multilingües de todo tipo debe ser máis decidida ca nunca.
Por suposto, o márketing tradicional segue funcionando, pero o márketing dixital xa é o pan de cada día. As novas tecnoloxías e canles de comunicación mudaron a forma en que as empresas se comunican cos seus clientes: no mundo de Internet, a mensaxe publicitaria ten que adaptarse rapidamente en función do seu obxectivo e cada vez chega a máis usuarios en menos tempo. Por este motivo, conseguir unha tradución publicitaria de calidade é clave para calquera empresa.
Recorrer a un servizo de tradución profesional é unha sabia decisión, xa que este servizo consiste en analizar a mensaxe orixinal e transmitir a intencionalidade e o ton adecuados no mercado de destino. Por tanto, o tradutor profesional actúa sempre como nexo entre culturas.
Para traducir un contido correctamente, en primeiro lugar debemos adaptar a mensaxe á canle de comunicación; de non ser así, poderiamos perder oportunidades de venda. Por poñer un exemplo, non é o mesmo traducir un artigo para o blog corporativo dunha empresa, onde o usuario está máis predisposto deterse a ler en detalle, que redactar un anuncio ou publicación para as redes sociais, onde a mensaxe ten que ser orixinal e persuasiva para captar a atención e debe ir acompañado de emoticonas, chamadas á acción, hashtag etc. Por iso é tan importante utilizar técnicas de escritura persuasiva (o que se coñece como copywriting).
Doutra banda, hai que prestar atención á variante dialectal que se fala no país ou mercado ao que se dirixe unha web, unha campaña, un anuncio publicitario etc. Non podemos pasar por alto o feito de que é posible que os nosos usuarios compartan una mesma lingua pero falen distintas variantes lingüísticas.
Por último, hai que decidir cal é o nivel de formalidade máis adecuado en cada caso: en Galicia, e en España en xeral, debemos decidir cando tratar aos nosos potenciais clientes de «ti» ou de «vostede», segundo o contexto e o público obxectivo. Por exemplo, nas campañas dirixidas ao consumidor final (B2C) pode ser mellor usar «ti», mentres que no márketing entre empresas (B2B) o uso de «vostede» pode cadrar mellor.
No sector do comercio electrónico, segundo unha enquisa realizada por CSA Research en 29 países distintos, o 76 % dos usuarios que navegan por sitios web prefire comprar produtos cuxa descrición e detalles estean dispoñibles no seu propio idioma. En moitos casos, os usuarios adoitan recorrer á tradución automática sen máis para facerse unha idea do que pon nun sitio web.
Chegado o momento de adquirir produtos ou contratar servizos, unha páxina web traducida profesionalmente transmite máis confianza aos clientes, xa que a experiencia de compra é máis cómoda e accesible para eles. Coa tradución automática, sempre pode haber algo fóra de lugar ou ambiguo no texto, pero cando a tradución está feita por un humano, a cousa cambia e todo flúe mellor.
Doutra banda, tamén hai que ter en conta a gran cantidade de información que se comparte en Internet e cales son os hábitos de lectura: moitos usuarios limítanse a facer unha lectura en diagonal, especialmente dos títulos e subtítulos de cada páxina web que visita. Esta realidade debe terse en conta á hora de publicar: precisamos crear contidos ben estruturados e precisos que cumpran os requisitos para ser candidatos a posicionarse ben en buscadores. Para iso, debemos aplicar criterios de tradución SEO.
Ademais do posicionamento orgánico dos contidos, existe o posicionamento de pago, cuxo exemplo máis destacado son os anuncios de Google Ads. O obxectivo último das campañas é que os usuarios fagan clic no noso anuncio. Polo tanto, é importante transmitir a mensaxe en poucas palabras e non dispersarse moito.
Por exemplo, se temos a mensaxe “Free tickets for the British Museum”, é correcto traducilo por “Entradas gratis para o British Museum”, pero “Visita o British Museum de balde” é unha opción mellor porque o verbo “visitar” serve de chamada á acción.
Para máis información ao respecto, consulte a sección tradución de campañas de Google Ads.
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
info@delatorretraducciones.com
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
@: info@delatorretraducciones.com