Consiga máis clics e visitas á súa web co meu servizo de tradución de campañas de Google Ads
SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN DE CAMPAÑAS DE GOOGLE ADS
SEA (en inglés Search Engine Advertising) significa «publicidade en motores de busca» e é unha acción de márketing que permite publicar anuncios de pago nos primeiros resultados de Google, xusto enriba ou á dereita dos resultados de posicionamento orgánico (SEO). Esta opción de márketing dixital ten a vantaxe de que, fixando un orzamento e un calendario de publicación, se poden obter resultados en pouco tempo. Os anuncios que se publican en Google Ads permiten conseguir un número alto de impresións e clics, así como aumentar o tráfico ao sitio web da empresa. O obxectivo último é que o maior número de clientes posibles completen unha conversión (é dicir, que adquiran o produto ou servizo que se anuncia na páxina de resultados de Google). Non obstante, a principal desvantaxe de apostar unicamente por facer anuncios de pago é que se non se aposta tamén polo SEO e por facer márketing de contidos, no momento en que a empresa deixa de pagar pola publicidade Google Ads, a web desaparecerá dos primeiros resultados do buscador.
SEO (en inglés Search Engine Optimization) significa «optimización para motores de busca» e é o proceso que permite mellorar o posicionamento natural dun sitio web nos resultados de busca, sen necesidade de pagar nada.
En conclusión, o SEO é unha estratexia de contidos a medio e longo prazo, mentres que a SEA é una estratexia publicitaria normalmente acoutada a un período de tempo determinado e cun obxectivo máis a curto prazo (campañas de Nadal, ofertas para o Black Friday etc). Tanto o SEO como a SEA son recomendables e complementarios, en función das necesidades de cada empresa.
Para obter máis información sobre o SEO, consulte a sección sobre servizos de tradución SEO.
Nunha tradución normalmente aspiramos a ser fieis ao texto orixinal e a transmitir o sentido coa maior naturalidade posible. Sempre hai que ter en mente os usuarios que van ler ese contido.
A tradución SEA supón un plus de creatividade e de dificultade, xa que non só se ten en conta o usuario final, senón tamén as palabras clave e as tendencias de busca dos usuarios. Polo tanto, ao traducir un anuncio para unha campaña de Google Ads hai que saber manter o equilibrio entre empregar unha linguaxe artificial (que só vai gustar ao motor de busca de Google) e unha linguaxe máis informal e natural, moi enfocada á venda; debemos descartar o uso de palabras ou frases complicadas. O máis importante é que o texto do anuncio traducido sexa directo, conciso e convide ao usuario a reaccionar dunha determinada maneira.
En ocasións, algúns tradutores adoitan ter un pouco de medo de distanciarse dun texto porque non queren alterar os matices ou a mensaxe orixinal. Porén, precisamente unha boa tradución SEA consiste en localizar (adaptar) a mensaxe ao mercado de destino, utilizando as palabras adecuadas e modificando a estrutura se é preciso. Se o anuncio resultante non parece unha tradución, é fácil de ler e inclúe unha chamada á acción, a tradución cumprirá a súa función.
Tendo en conta o comentado anteriormente, hai unha serie de aspectos que deben terse en conta:
Traducir e adaptar as súas campañas de Google Ads ao mercado de destino é unha vantaxe competitiva, xa que os seus anuncios serán máis atractivos e responderán mellor á intención de busca e ás necesidades dos usuarios.
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
info@delatorretraducciones.com
Elisa de la Torre Castejón
CIF: 77462208W
VAT: ES77462208W
Pontevedra, España
@: info@delatorretraducciones.com