Cando unha empresa decide traducir a súa web, adoita crer que ese contido comezará a funcionar do mesmo xeito noutras linguas. A fin de contas, a mensaxe é a mesma, o produto é o mesmo e a información segue estando aí. Non obstante, na práctica, isto non sempre ocorre.
É moi habitual atopar sitios web aparentemente ben traducidos que non xeran tráfico, non aparecen nos buscadores ou non conectan co público ao que se dirixen. Isto non se debe a un problema lingüístico, senón a como se plantexou o contido desde o inicio.
Traducir unha web permite que o contido se entenda, pero iso non quere dicir necesariamente que os usuarios o atopen.
Traducir unha web non é o mesmo que posicionala
Unha tradución pode ser fiel, clara e correcta desde o punto de vista lingüístico. Porén, o contido non ten por que aparecer nos buscadores cando alguén fai unha busca.
A diferenza está en como se accede ao contido. Un usuario non chega a un sitio web porque estea ben escrito, senón porque responde a unha busca concreta, que non sempre cadra ben cunha tradución literal do contido orixinal.
Por iso, unha web pode estar perfectamente traducida e, aínda así, non ter visibilidade noutro idioma. En moitos casos, a diferenza está en decisións previas que condicionan o comportamento do contido cando está publicado.
Que ocorre cando se traduce unha web sen ter en conta o SEO
Cando unha web se traduce sen ter en conta como buscan as persoas en cada idioma, o máis habitual é que o contido non consiga posicionarse.
Isto pode derivar en situacións como:
- páxinas que non aparecen nos resultados de busca
- contidos que reciben moi pouco tráfico
- termos que non coinciden coas buscas reais dos usuarios
Polo tanto, o problema non é a calidade da tradución, senón o enfoque do contido.
O papel das buscas en cada idioma
Un dos factores determinantes é como se fan as buscas en cada mercado.
Un mesmo produto ou servizo pode describirse de formas distintas segundo o país, o contexto ou incluso o sector. As palabras que funcionan nun idioma non sempre teñen un equivalente directo noutro desde o punto de vista da busca.
Por iso, traducir termos de forma literal non garante visibilidade nin que coincidan co que as persoas escriben en Google.
Entender estas diferenzas é clave para que o contido non só se entenda, senón que tamén poida atoparse nos buscadores.
Por que a tradución literal non adoita funcionar
A tradución literal parte do texto orixinal e trata de reproducilo noutro idioma. Este enfoque pode ser válido nalgúns contextos, pero adoita quedar curto cando o obxectivo é gañar visibilidade online.
O motivo é sinxelo: as palabras non só transmiten significado, tamén responden a un uso concreto. E ese uso cambia segundo o idioma, o mercado e o tipo de usuario.
Cando non se ten en conta este factor, o contido pode ser correcto desde o punto de vista lingüístico, pero pouco eficaz na práctica.
Outros factores que afectan á visibilidade
Ademais das palabras empregadas, hai outros elementos que inflúen en como se posiciona unha web noutro idioma.
Por exemplo:
- a estrutura do contido
- a forma en que se organizan as páxinas
- a coherencia entre os distintos textos
Non se trata de aspectos técnicos complexos, senón de decisións que afectan á interpretación do contido unha vez publicado.
Estes factores a miúdo pasan inadvertidos, pero teñen un impacto directo nos resultados.
Como evitar este problema desde o inicio
Para evitar que unha web perda visibilidade ou non chegue a tela na súa versión traducida, é importante cambiar o enfoque desde o principio.
En lugar de centrarse unicamente en trasladar o contido, convén preguntarse a forma en que se busca en cada mercado e o que espera atopar a persoa usuaria.
Isto implica:
- analizar as buscas reais
- axustar o contido ás intencións de busca
- evitar depender exclusivamente da tradución literal
Que facer se a web xa está traducida e non funciona
Se unha web xa está traducida pero non xera resultados, non sempre é necesario comezar de cero. En moitos casos, é posible revisar o contido existente e detectar que está fallando.
Este proceso non implica refacer todo o traballo, senón reorientar o contido para adaptalo ás buscas reais das persoas usuarias.
Neste tipo de situacións, traballar o contido tendo en conta como se busca en cada mercado pode ser determinante para obter bos resultados.
Conclusión
Traducir unha web é un primeiro paso necesario para chegar a novos mercados, pero non é suficiente para garantir a súa visibilidade.
Para que o contido funcione, non abonda con que estea ben escrito: debe estar aliñado coa forma na que as persoas buscan información en cada idioma.
Ter isto en conta desde o comezo evita resultados que non cumpren o propósito que tiñan, por moito que fosen correctos desde o punto de vista lingüístico.