SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN SEO PARA PÁXINAS WEB

Que é o SEO? Que diferenza hai entre o SEO e o SEA?

SEO (en inglés Search Engine Optimization) significa «optimización para motores de busca» e é o proceso que permite mellorar o posicionamento natural dunha páxina web nos resultados de busca. Desta forma, a web consegue máis visibilidade e atrae máis tráfico de usuarios. Ademais, convén salientar que o SEO se refire a os resultados de busca orgánica, é dicir, aqueles que son gratuítos. Se unha páxina web ten un contido traballado, cunha estrutura correcta e unhas palabras clave adecuadas, ten máis posibilidades de posicionarse ben nos motores de busca. Mentres tanto, hai que ter en conta que é unha estratexia a medio e longo prazo e os resultados non se obteñen de forma inmediata.

Doutra banda, SEA (en inglés Search Engine Advertising) significa «publicidade en motores de busca» e é unha acción de márketing que permite publicar anuncios de pago que aparecen nos primeiros resultados de Google en pouco tempo, xusto encima ou á dereita dos resultados orgánicos. Esta opción ten a desvantaxe de que cando unha empresa deixa de pagar polo servizo de SEA, a súa web deixa de aparecer nos primeiros resultados se o contido non está optimizado para SEO.

Por tanto, poderiamos dicir que o SEO é unha estratexia de contidos e un investimento a longo prazo, mentres que o SEA é un gasto publicitario normalmente acoutado a un período de tempo determinado e cun obxectivo máis a curto prazo (campañas de Nadal, ofertas para o Black Friday etc). As dúas opcións son recomendables e complementarias, en función das necesidades da empresa en cada momento.

Para obter máis información sobre o servizo de tradución de anuncios de Google, consulte a sección tradución de campañas de Google Ads.

Que diferenza hai entre a tradución normal e a tradución SEO?

Un servizo de tradución normal consiste en redactar textos fieis ao texto orixinal tendo en conta o sentido da mensaxe pero expresándoo no outro idioma coa maior naturalidade posible. Sempre se ten en mente o usuario que vai ler ese contido.

O servizo de tradución SEO vai un paso máis aló, xa que non só se dirixe ao usuario, senón tamén ao motor de busca que vai examinar o contido para decidir se é relevante ou non, en función do comportamento dos usuarios. O SEO non só consiste en encher as páxinas web de palabras clave de forma artificial, senón que o contido debe ser útil e relevante.

Ao non ter experiencia en SEO e seguir normas xerais que se aplicarían a outros encargos, moitos tradutores adoitan pegarse moito ao texto orixinal por medo a alterar a mensaxe. Porén, un tradutor SEO precisamente o que debe facer é utilizar sinónimos e variacións para referirse ás palabras clave doutra maneira, adaptar xiros lingüísticos ou mesmo suprimir aspectos do texto orixinal que non sexan relevantes para o usuario do país de destino. Para isto, é importante facer un estudo previo de palabras clave no idioma ao que imos traducir o texto.

Elementos importantes para un bo posicionamento SEO

Os aspectos que se mencionan a continuación non dependen do tradutor, senón do deseño dunha páxina web, pero é importante ter en conta que ao contratar un servizo de tradución SEO, a condición previa que se debe cumprir é que a páxina web orixinal xa estea optimizada para buscadores como Google. Estes son algúns aspectos que cómpre ter en conta:

  • Velocidade de carga da páxina web: no caso de que un sitio web tarde en abrirse e en cargarse, o SEO pode verse negativamente, xa que o sitio será pouco atractivo para os usuarios.
  • Deseño responsive: é importante que o aspecto do sitio web se adapte en función do dispositivo desde o que se accede. Non é o mesmo un computador que unha tableta ou un móbil. O feito de que unha web non teña un deseño adaptable tamén penaliza o seu posicionamento en buscadores.
  • Estrutura e lexibilidade: moitas veces, o público ao que nos diriximos dispón de pouco tempo e non vai facer unha lectura lineal do contido do sitio, senón que vai ler os títulos e subtítulos e os aspectos que máis lle interesen. Se o estilo de redacción é confuso, os usuarios non quererán continuar coa lectura e é probable que pasen pouco tempo no sitio e marchen. É o que se coñece como «taxa de rebote», e ten un impacto negativo no posicionamento SEO.
  • Accesibilidade: os internautas con problemas de visión precisarán axudarse dun lector de voz para ler tanto os textos como o contido visual. Canto mellor estruturado estea, máis doado lles interesará sabe de que trata a páxina.

É posible que, de non cumprirse algún dos puntos que se mencionan, haxa que facer algúns cambios no texto de orixe antes de comezar o proceso de tradución, para mellorar ou revisar o SEO. Desta forma, séntanse as bases para que tanto o sitio web orixinal como o sitio traducido sexan máis adecuados para o posicionamento en buscadores.

Que servizos de tradución SEO pode contratar?

  • Estudio e análise de palabras chave
  • Adaptación das palabras clave ao mercado para o que se traduce
  • Tradución de títulos e metadescricións para Google
  • Tradución de H1, H2 e H3 e outros contidos web
  • Tradución de etiquetas e texto ALT das imaxes
  • Verificación de ligazóns internas e externas
  • Tradución e adaptación das URL de destino
  • Optimización SEO de páxinas web xa traducidas

Traducir os seus contidos web atendendo a criterios de SEO supón unha vantaxe competitiva e é un bo investimento a longo prazo, posto que un mellor posicionamento orgánico da súa web nos distintos mercados aumentará a súa visibilidade como empresa e as súas oportunidades de atraer visitas e vendas.