SERVIZOS > SERVIZO DE TRADUCIÓN PARA O SECTOR DO MÁRKETING E A PUBLICIDADE

Servizos de tradución publicitaria que pode contratar

Tradución de PowerPoint para axencias de márketing

Traducións de guías de ferramentas de márketing
Tradución de infografías

Tradución de anuncios de Google Ads

Tradución de contidos web de e-commerce.

Tradución de descricións de fichas de produto para marketplaces

Tradución de entradas de blog e publicacións en redes sociais

Tradución de PDF de presentación de servizos

Tradución de folletos e newsletters comerciais

Por que debería contratar servizos de tradución publicitaria?

Nun mundo cada vez máis globalizado, as empresas necesitan innovar, producir e publicar contados orixinais que chamen a atención de novos clientes. A internacionalización e a presenza destacada en novos mercados é unha vantaxe competitiva. Por este motivo, a aposta por ofrecer contidos multilingües de todo tipo debe ser máis decidida ca nunca.

Por suposto, o márketing tradicional segue funcionando, pero o márketing dixital xa é o pan de cada día. As novas tecnoloxías e canles de comunicación mudaron a forma en que as empresas se comunican cos seus clientes: no mundo de Internet, a mensaxe publicitaria ten que adaptarse rapidamente en función do seu obxectivo e cada vez chega a máis usuarios en menos tempo. Por este motivo, conseguir unha tradución publicitaria de calidade é clave para calquera empresa.

Recorrer a un servizo de tradución profesional é unha sabia decisión, xa que este servizo consiste en analizar a mensaxe orixinal e transmitir a intencionalidade e o ton adecuados no mercado de destino. Por tanto, o tradutor profesional actúa sempre como nexo entre culturas.

Aspectos importantes á hora de traducir contidos de márketing

Adaptar a mensaxe á canle de comunicación e ao mercado obxectivo

Para traducir un contido correctamente, en primeiro lugar debemos adaptar a mensaxe á canle de comunicación; de non ser así, poderiamos perder oportunidades de venda. Por poñer un exemplo, non é o mesmo traducir un artigo para o blog corporativo dunha empresa, onde o usuario está máis predisposto deterse a ler en detalle, que redactar un anuncio ou publicación para as redes sociais, onde a mensaxe ten que ser orixinal e persuasiva para captar a atención e debe ir acompañado de emoticonas, chamadas á acción, hashtag etc. Por iso é tan importante utilizar técnicas de escritura persuasiva (o que se coñece como copywriting).

Doutra banda, hai que prestar atención á variante dialectal que se fala no país ou mercado ao que se dirixe unha web, unha campaña, un anuncio publicitario etc. Non podemos pasar por alto o feito de que é posible que os nosos usuarios compartan una mesma lingua pero falen distintas variantes lingüísticas.

Por último, hai que decidir cal é o nivel de formalidade máis adecuado en cada caso: en Galicia, e en España en xeral, debemos decidir cando tratar aos nosos potenciais clientes de «ti» ou de «vostede», segundo o contexto e o público obxectivo. Por exemplo, nas campañas dirixidas ao consumidor final (B2C) pode ser mellor usar «ti», mentres que no márketing entre empresas (B2B) o uso de «vostede» pode cadrar mellor.

Proporcionar a mellor experiencia de usuario posible cunha tradución de calidade

No sector do comercio electrónico, segundo unha enquisa realizada por CSA Research en 29 países distintos, o 76 % dos usuarios que navegan por sitios web prefire comprar produtos cuxa descrición e detalles estean dispoñibles no seu propio idioma. En moitos casos, os usuarios adoitan recorrer á tradución automática sen máis para facerse unha idea do que pon nun sitio web.

Chegado o momento de adquirir produtos ou contratar servizos, unha páxina web traducida profesionalmente transmite máis confianza aos clientes, xa que a experiencia de compra é máis cómoda e accesible para eles. Coa tradución automática, sempre pode haber algo fóra de lugar ou ambiguo no texto, pero cando a tradución está feita por un humano, a cousa cambia e todo flúe mellor.

Estruturar os contidos prestando atención ao posicionamento SEO

Doutra banda, tamén hai que ter en conta a gran cantidade de información que se comparte en Internet e cales son os hábitos de lectura: moitos usuarios limítanse a facer unha lectura en diagonal, especialmente dos títulos e subtítulos de cada páxina web que visita. Esta realidade debe terse en conta á hora de publicar: precisamos crear contidos ben estruturados e precisos que cumpran os requisitos para ser candidatos a posicionarse ben en buscadores. Para iso, debemos aplicar criterios de tradución SEO.

Redactar textos atractivos para campañas de Google Ads

Ademais do posicionamento orgánico dos contidos, existe o posicionamento de pago, cuxo exemplo máis destacado son os anuncios de Google Ads. O obxectivo último das campañas é que os usuarios fagan clic no noso anuncio. Polo tanto, é importante transmitir a mensaxe en poucas palabras e non dispersarse moito.

Por exemplo, se temos a mensaxe “Free tickets for the British Museum”, é correcto traducilo por “Entradas gratis para o British Museum”, pero “Visita o British Museum de balde” é unha opción mellor porque o verbo “visitar” serve de chamada á acción.

Para máis información ao respecto, consulte a sección tradución de campañas de Google Ads.