SERVIZOS > SERVIZO DE REVISIÓN E CORRECCIÓN DE TEXTOS

Algúns exemplos de servizos de revisión e corrección

Revisión de traducións do inglés e francés ao galego

Revisión da cohesión e da coherencia textual

Corrección de sintaxe, léxico, ortografía e gramática

Por que é importante revisar unha tradución?

Durante o proceso de tradución dun texto, a persoa que traduce ten que facer moitas tarefas simultáneas: lectura e análise do texto orixinal, documentación, resolución de dúbidas terminolóxicas e tradución. É importante non saltarse a fases de corrección e revisión, xa que a posibilidade de que se pase por alto algún erro é alta. Como se adoita dicir, catro ollos ven máis que dous. Por iso sempre é recomendable que, unha vez que a tradución estea rematada, haxa outra persoa que revise que o traballo cumpre todos os estándares de calidade.

En que consiste un servizo de revisión?

O proceso de revisión consiste en comparar o texto orixinal co texto traducido para detectar e corrixir imprecisións, redundancias ou erros que puidese haber na tradución. En moitos casos, pode tratarse de corrixir pequenos matices ou cuestións de estilo menos importantes a primeira ollada, pero que fan que o contido gañe en calidade e fluidez.

Ao revisar unha tradución do inglés é probable que se detecten erros como repeticións de palabras ou estruturas sintácticas pouco naturais e «calcadas» no idioma de destino. Por exemplo, é un erro bastante común usar os posesivos cando non son necesarios, por influencia do inglés; así, poderiamos atopar expresións como «meteu as súas mans nos petos», cando o máis lóxico en español sería «se metió las manos en los bolsillos» e, en galego, «meteu as mans nos petos».

Doutra banda , ao revisar unha tradución feita dende o francés, sempre hai que prestar especial atención a que no texto non haxa o que se coñece como «falsos amigos» (palabras que se escriben parecido pero teñen un significado totalmente diferente) como «demander», «depuis», «quitter» ou «entendre».

En que consiste un servizo de corrección?

O proceso de corrección ten en conta erros ortotipográficos, gramaticais e estilísticos, así como aspectos que teñen que ver coa cohesión e coherencia, é dicir, a estrutura do texto e a forma de presentar o contido. Aínda que todos sabemos que hoxe en día existen os correctores ortográficos, contar coa axuda dun corrector humano non ten prezo. Só unha persoa é capaz de detectar posibles ambigüidades, dobres sentidos ou erros sutís de sintaxe. A corrección destes aspectos é a que fai que os textos soen auténticos.

En que se diferencia a revisión da corrección?

A fase de corrección é distinta da de revisión por que neste proceso se parte directamente da lectura do texto traducido. O feito de analizar a tradución sen ter unha idea previa do que pon o texto orixinal permite darlle un toque de autenticidade. Durante o proceso de corrección os esforzos céntranse en conseguir un estilo natural ou incluír xiros lingüísticos e frases feitas nos que o tradutor se cadra non pensou orixinalmente. Como se adoita dicir no sector da tradución, unha tradución funciona cando non se nota que o é e parece un contido redactado directamente no idioma ao que o traducimos.

En definitiva, a tradución, a corrección e a revisión son procesos que se complementan entre si e, cando, o noso labor pasa desapercibido para o lector ou usuario final é sinal de que fixemos un bo traballo.

Non dubide en poñerse en contacto para solicitar un orzamento sen compromiso.