SERVIZOS > SERVIZO DE LOCALIZACIÓN DE APLICACIÓNS MÓBILES

Que servizos de tradución de aplicacións móbiles pode contratar?

Localización de interface de usuario e contidos de axuda
Tradución de descricións para Google Store
Tradución de condicións de uso da aplicación

Localización de aplicacións de de márketing

Localización de aplicacións de viaxes

Localización de aplicacións de CRM inmobiliario

Testeo de aplicacións para Android

Que é a localización e en que se diferencia da tradución?

Segundo a Asociación de Estándares do Sector da Localización (LISA), «localizar consiste en facer modificacións ou adaptacións no contido orixinal para crear un produto ou servizo que poida comercializarse no mercado de destino». Ademais de traducir, téñense en conta aspectos culturais do país de destino e características propias da escritura de cada idioma que poderían requirir modificar o deseño da interface de usuario. Por exemplo, o español, o francés, o italiano, o portugués etc. son idiomas que se escriben de esquerda a dereita, pero hai linguas coma o árabe que se escriben de dereita a esquerda.

Para o labor de localización é necesario contar coa axuda dun tradutor nativo especializado na lingua e na variante lingüística do país de destino, xa que é o que mellor coñece tanto o idioma como as expectativas dos usuarios do mercado no que se vai usar a aplicación. Por exemplo, no español de España é habitual utilizar a palabra «ordenador», pero en Latinoamérica o termo que se usa é «computadora». En galego podemos usar «ordenador» ou tamén «computadora». Non hai un termo correcto e outro incorrecto, senón que hai preferencias léxicas que deben terse en conta para atopar a tradución máis adecuada segundo o país.

Cuestións que se deben ter presentes ao localizar unha aplicación móbil

Mentres que noutro tipo de campos, como na tradución turística ou publicitaria, hai que darlle moita importancia á creatividade e a evitar que a tradución sexa demasiado literal, cando localizamos contidos para móbiles, esta ten que ser directa, concisa e clara para garantir unha boa experiencia de usuario.

Durante o proceso de tradución, imos ter en conta os seguintes aspectos:

  • Limitación de caracteres: nunha aplicación móbil a miúdo existen restricións de espazo que hai que respectar para evitar problemas de visualización.
  • Variacións de palabras en función do xénero e o número: a variación das palabras segundo o xénero e o número é un fenómeno lingüístico habitual en moitos idiomas. Para o adxectivo inglés «happy», en galego temos ata catro formas (contento/contenta/contentos/contentas) e esta cuestión debe terse en conta, xa que durante a fase de programación haberá que empregar o que se coñece como ICU Syntax.
  • Marcadores de posición ou placeholders: estes elementos son unha serie de etiquetas que poden ser de distintos tipos segundo o valor que representen (número, data, hora etc.). Adoitan aparecer en lugar do texto ao que substitúen e ás veces poden presentar dificultades.

Ademais do proceso de tradución, o proceso de testing ou testeo é clave para comprobar erros lingüísticos, de formato, de funcionamento da aplicación, detalles de usabilidade, cuestións de deseño da interface de usuario etc. Este servizo de validación e detección de erros tamén serve para mellorar aspectos que non se detectaron durante o proceso de tradución.

Por que debería traducir a súa aplicación móbil ao galego?

A comercialización de aplicacións móbiles non para de aumentar ano a ano, xa que hai moitos usuarios que utilizan estes dispositivos para conectarse a Internet (segundo un estudo realizado por We Are Social en colaboración con Hootsuite, 5200 millóns de persoas usuarias en todo o mundo). Cada vez é máis habitual utilizar o móbil para comprar en sitios web de comercio electrónico, facer xestións bancarias, reservar voos ou buscar piso, entre outras cousas. Ademais, hai que ter moi presente que os hábitos de lectura cambian en función desta realidade: pasamos moito tempo lendo no móbil, pero normalmente limitámonos a pousar os ollos rapidamente pola páxina, deténdonos só nos títulos e subtítulos, salvo que esteamos especialmente interesados en ler todo o contido. A pantalla dun dispositivo móbil é pequena, polo que a vista dos usuarios salta dun lugar a outro e as empresas deben ser quen de transmitir a súa mensaxe con claridade e proporcionar aplicacións sinxelas de utilizar; a función destas e axudar ao usuario a desenvolverse comodamente nun espazo visual limitado.

España é un dos países onde usar o móbil para conectarse a Internet e facer compras xa é tan habitual como facelo desde un computador. En canto ao uso de sistemas operativos, Android é o máis utilizado e a súa cota de mercado é superior ao 85%. Non desaproveite a oportunidade de entrar no mercado galego e solicitude un servizo de localización de aplicacións móbiles.