CASOS DE ÉXITO > LOCALIZACIÓN PARA SITIO WEB DE VENDA DE GUITARRA

Contexto do proxecto

Tradución de subtítulos de vídeos para unha axencia de noticias europea. O proxecto comezou en abril de 2024 e continúa na actualidade.

O obxectivo é traducir os subtítulos do inglés ao castelán mantendo o rigor informativo.

Proceso de traballo

  • Recepción de vídeos orixinais xunto con arquivos de subtítulos en inglés
  • Creación do ficheiro de subtítulos en castelán
  • Axustes de sincronización co vídeo (códigos de inicio e fin dos subtítulos)
  • Adaptación lingüística e cultural do contido
  • Fusión de subtítulos cando é necesario
  • Optimización da lonxitude para a correcta lectura dos subtítulos
  • Adaptación ao rexistro formal ou informal
  •  
Subtitulación de vídeos do inglés ao castelán para unha axencia de noticias europea

Principais retos da subtitulación

O maior reto da subtitulación é transmitir a mensaxe orixinal axustándose ao tempo, ao espazo dispoñible e á velocidade de lectura, é dicir, ao número de caracteres por segundo que pode procesar o ollo humano en función do tempo de visualización e do formato do vídeo.

Por exemplo, nos vídeos verticais que adoitan verse nas redes sociais os subtítulos non poden ser moi longos; por contra, os vídeos horizontais onde hai algo máis de espazo dispoñible. Do mesmo modo, se o público son nenos ou persoas con problemas de visión, cómpre prever unha velocidade de lectura inferior.

Ademais, en moitas ocasións cómpre resumir, xa que non sempre é posible incluír todos os matices da mensaxe orixinal sen comprometer a lexibilidade dos subtítulos.

Exemplo:

Orixinal (inglés):

What we are seeing right now is a situation
with consequences for global economic stability.

Subtítulo (castelán):

La situación podría afectar
a la estabilidad económica global.

Neste exemplo, tivo prioridade a velocidade de lectura, por cuestións de espazo e de tempo de visualización da mensaxe na pantalla.

Temáticas

  • Política internacional
  • Economía e foros económicos
  • Entrevistas a líderes políticos e empresariais
  • Medio ambiente
  • Historia
  • Turismo
  • Novas tecnoloxías
  • Cultura e tradicións

Resultados

  • Subtítulos claros, naturais e sinxelos de ler
  • Mellora da experiencia de visualización grazas a unha lectura fluída
  • Adaptación do contido orixinal, respectando o contexto
  • Material listo para publicar na web da axencia e outras canles

Valor engadido para o cliente

Este proxecto combina tradución especializada e capacidade de síntese, elementos clave para traballar con contido audiovisual sobre temáticas variadas.