Cliente: empresa de deseño de contidos formativos
Sector: Edtech (educación e tecnoloxía)
Duración do proxecto: 2019 – actualidade
A empresa deseña contidos formativos para traballadores e equipos de traballo implicados en distintos procesos operativos. A calidade lingüística, a coherencia terminolóxica e o cumprimento das guías internas son fundamentais para garantir a aprendizaxe e adquisición de novas competencias.
Control de calidade seguindo criterios de revisión definidos co cliente
- Estrutura do contido: títulos, actividades e probas de avaliación.
- Aspectos funcionais: módulos, elementos de gamificación e actividades.
- Presentación: distribución, orde, densidade do texto, cores e contraste.
- Elementos interactivos: gráficos, ventás emerxentes (pop-ups), botóns e outros compoñentes interactivos.
Revisión lingüística e estilística
- Erros gramaticais, ortográficos, tipográficos e sintácticos.
- Incoherencias entre as preguntas e as respostas das actividades.
- Reformulación de parágrafos para eliminar ambigüidades e mellorar a comprensión.
- Adaptación do nivel de formalidade segundo o público destinatario.
- Corrección do uso excesivo de maiúsculas de acordo coa guía de estilo.
- Detección de erros de transcrición nos subtítulos dos vídeos.
Coherencia terminolóxica e aplicación da guía de estilo
- Unificación da terminoloxía técnica e dos acrónimos.
- Correspondencia entre o texto e a imaxe.
Entrega de informe de control de calidade para o cliente
Os informes de QA entréganse mediante documentos estruturados con correccións, observacións e capturas de pantalla que permitían contextualizar cada incidencia. Cada comentario inclúe a descrición do problema detectado e unha proposta de solución, o cal axuda ao equipo a facer os cambios pertinentes.