GRACIÑAS POR VISITAR A MIÑA WEB!

Son tradutora especializada en turismo e márketing. Teño experiencia colaborando con clientes directos e empresas de tradución, tanto nacionais como internacionais

AS MIÑAS COMBINACIÓNS DE IDIOMAS SON

  • Inglés a español

  • Francés a español

  • Galego a español

  • Inglés a galego

  • Francés a galego

  • Español a galego

SOBRE MIN

Son graduada en Tradución e interpretación, pero aparte da miña formación e das miñas competencias como tradutora, estiven traballando dous anos nunha axencia inmobiliaria do sector do luxo en Barcelona, polo que teño coñecementos específicos do sector.

Tamén fixen prácticas durante un tempo como redactora de contidos para un xornal en liña e para a empresa Emagister.

Encántame viaxar e fuxir un pouco da rutina de cando en vez, así que ese é un dos motivos polos que decidín facer un intercambio Erasmus en Rennes, Francia.

Quere transmitir as ideas do seu texto publicitario cunha tradución precisa, creativa y que non semelle un texto automático de Google Translator?

pico

Gustaríalle que os seus contidos de viaxes consigan describir, transmitir e provocar sensacións positivas?

pico-2

Ten que subtitular un documental de viaxes ou, quizais, precisa subtitular o vídeo de presentación da súa marca para un evento ou feira do seu sector que terá lugar proximamente?

pic-vo-i

Necesita redactar textos atractivos e prácticos para as súas propiedades inmobiliarias?

pic-vc-d

Se respondeu que si a algunha destas preguntas, non dubide en CONTACTAR COMIGO a través do formulario de contacto. Se quere, pode ler seguir lendo un pouco máis para informarse sobre o tipo de servizos que podo ofrecerlle como profesional.

SERVICIOS

Tradución PUBLICITARIA

  • Presentacións e documentos corporativos
  • Plans de marketing
  • Descricións de produtos
  • Contidos de E-commerce

Tradución TURÍSTICA

  • Contidos web
  • Guías de viaxe e folletos
  • Dossiers corporativos
  • Descricións

Tradución INMOBILIARIA

  • Descricións de propiedades
  • Contidos de marketing online u offline
  • Folletos e dossiers corporativos

SUBTITULACIÓN

  • Vídeos corporativos
  • Titoriais
  • Documentais

Amais destas especialidades, traballo nos seguintes campos:

Tradución xeral: correos electrónicos, currículos, artigos de prensa, entradas de blog, publicacións de redes sociais etc.

Tradución técnica: contidos de axuda e interface de usuario.

Tradución musical: artigos sobre a industria, recensións, contidos didácticos, letras de cancións e partituras. Aínda que a la música teña pouco que ver con mi carreira profesional, fun a clases de piano e linguaxe musical durante 10 anos e segue sendo a miña paixón principal e afección na vida.

Tradución gastronómica: receitas de cociña e menús.

Corrección de textos en español ou galego: revisión de gramática, sintaxe, cohesión e redacción.

CONTACTO

Se precisa axuda para traducir os contidos da súa empresa ou busca asesoramento lingüístico, non dubide en contactar comigo.

RESPONDEREI NUN PRAZO MÁXIMO DE 24-48 HORAS.

Ao marcar esta opción confirma que leu e acepta a Política de privacidade